Hemeroteca

PRENSA/QUE PASA NA COSTA: A prevención de drogas e a orientación familiar, as causas máis habituais para acodir a Vieiro

PRENSA: 26.12.2022

A prevención de drogas e a orientación familiar, as causas máis habituais para acodir a Vieiro

Traballadora social de Vieiro

RedacciónREDACCIÓN     10:03 26/12/22

REDACCION. Cada final de ano, a Asociación Vieiro presenta o seu informe do servizo de Información, Atención e Asesoramento que ofrece axuda sobre calquera aspecto relacionado cos problemas derivados de condutas adictivas e o seu tratamento. Coñecemos así cales son os motivos principais que fan que as persoas acodan á entidade, permitindo debulla un perfil xeral, as adiccións máis habituais… e axudando así a intervir na prevención.

Foron un total de 349 persoas (de entre a Coruña e Fisterra) as que contactaron nalgún momento coa entidade carballesa. Delas, 42 foron consultas realizadas na sede da entidade, sendo atendidos 18 homes e 24 mulleres. A través de vía telefónica atendéronse un total de 176 chamadas, das que 58 foron realizadas por homes e 118 por mulleres.

MOTIVOS

No que se refire ao motivo das consultas, destacan en primeiro lugar, as referidas á solicitude e información sobre programas de prevención, seguido en segundo lugar das demandas relacionadas con pautas psicoeducativas de orientación a familias, seguidos moi de cerca das solicitudes de información sobre centros de deshabituación relacionadas sobre todo co consumo de cocaína e en menor medida, do alcol.

Destas demandas un 62% foron realizadas por homes e un 38% por mulleres no que respecta á atención presencial, e un 35% de homes e 65% de mulleres na atención telefónica. Realizando a maior parte das consultas, as familias ou o/a propio/a interesado/a.

SUBSTANCIAS

A cocaína foi a sustancia máis consumida por parte das persoas que solicitaron información cun 44% dos casos derivados, seguida do alcol cun 28% e un 18% do cannabis. O resto das porcentaxes repártese entre a ludopatía, tabaco e a adicción ás novas tecnoloxías nesta orde.

DERIVACIÓNS

En canto a derivacións a centros terapéuticos e de deshabituación realizáronse un total de 21, sendo un 81% homes e un 19% mulleres que foron derivados na súa maioría á UCA de Carballo e a Proxecto Home dA Coruña e Santiago. Tamén se derivaron algúns casos a outros centros de rehabilitación, como Agalure, que traballan con adiccións ao xogo.

OUTRAS NOVAS DE VIEIRO

Fuente: Que Pasa na Costa

 

Comparte esto:

Así se ‘enciende’ tu cerebro cuando tienes ganas de drogas o comida

Entrada anterior

Guía de BeReal para madres y padres

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca