Hemeroteca

PRENSA: QUE PASA NA COSTA. Vieiro lembra a importancia de non esquecer outras enfermidades no Día Mundial da Sida

0
Foto: Junta Directiva Vieiro
PRENSA: QUE PASA NA COSTA.

Vieiro lembra a importancia de non esquecer outras enfermidades no Día Mundial da Sida

Desde a Asociación Vieiro aproveitan que o 1 de decembro é o Día Mundial da Sida, para lembrar a importancia de non poñer o foco unicamente no covid-19. A entidade pensa en todas as persoas afectadas por VIH, e lembra a todas as que faleceron, facendo unha reflexión sobre a interrelación entre a saúde e outros problemas como a desigualdade, os dereitos humanos, a igualdade dee a protección social .

Con todo isto en mente, o lema do Día Mundial da Sida este ano é «Solidariedade mundial, responsabilidade compartida».

A entidade fai fincapé na idea de “non deixar ninguén atrás” e sinala que para combater as enfermidades “é clave eliminar o estigma e a discriminación, poñer ás persoas no centro da pandemia, basear as nosas respostas nos dereitos humanos e adoptar enfoques con perspectiva de xénero”.

Fuente: Que pasa na costa

PRENSA: NH DIARIO. Vieiro conmemora o Día Mundial da Sida

Entrada anterior

PRENSA -01/12/2020. O CORREO DE BERGANTIÑOS. Vieiro se solidariza con las personas que viven con el VIH

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca