Hoxe é o Día Mundial sen Tabaco, unha boa ocasión para deixar de fumar. Onte lembróunolo a Asociación Antidroga Vieiro nas mesas informativas que instalou na rúa Coruña e no centro de saúde. Pero se buscas axuda e non sabes onde acudir, tamén o Concello de Carballo pon á túa disposición a Unidade de Condutas Adictivas (UCA). Neste servizo atoparás a axuda que necesitas a través do programa de tratamento para dependencia tabáquica
Comments