Abriu as portas o activo IES Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, a unha nova charla fóra dos libros. Foron as responsables da Asociación Vieiro a que, no marco do Programa de Prevención escolar, comezaba o programa de Habilidades Sociais: Constrúe o teu mundo. Un programa impulsado e subvencionado Polo Concello de Camariras a través da Concellería de Sevizos Sociais.
Mozos e mozas de entre 12 e 16 anos (1º, 2º, 3º e 4º da ESO) participan neste programa, que se levará a cabo durante o que o terceiro trimestre do curso escolar 2017-2018, e que está dividido en tres bloques, :
- 1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamentar o de proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
- 2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
- 3.- Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
A profesional Miriam Romero Traba será a encargada de dar as sesións semanais de 55 minutos
Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comments