ActualidadPortada

Vieiro súmase a concentración telemática para conmemorar o 25N organizada polo Concello de carballo

0

Bota unha ollada e participa nas actividades previstas arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Venres 20 de novembro do 2020

Este 25N terá un formato diferente, pero o mesmo contido reivindicativo. “A crise sanitaria non pode invisibilizar a nosa loita _sinala a concelleira de Igualdade, Maica Ures_ e como queremos que se vexa o rexeitamento social á violencia de xénero, convidamos á cidadanía a manifestarse o 25 de novembro ás 20:00 horas”. Este ano non nos reuniremos na Praza do Concello, pero todas e todos poderemos participar na mobilización a través do teléfono móbil ou do ordenador, simplemente entrando en www.carballo.gal ou nas redes sociais do Concello de Carballo. Por cada persoa participante aparecerá unha icona amosando a súa situación nun mapa, para poder ver cantas voces se escoitan contra as violencias e dende onde.

O día 25, o Concello de Carballo tamén se sumará á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias para gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas por todas as vítimas da violencia machista. No contexto actual de crise sanitaria, este ano non se realizará un chamamento á participación cidadá, senón que se realizará unha concentración institucional para visibilizar o compromiso da sociedade carballesa coas vítimas.

Neurociencias | Cocaína, dopamina y genes: científicos investigan las claves del comportamiento adictivo

Entrada anterior

Sanidad añade 10 sustancias nuevas al listado de psicotrópicos ilegales

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Actualidad