Hemeroteca

PRENSA: QUE PASA NA COSTA. Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede

0
PRENSA: 14/10/2020

Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede

sede_vieiro_incendio
 sede_vieiro_incendio

Solución provisional rápida para a familia da Asociación Antidroga de Vieiro despois do tremendo pau do incendio provocado na súa sede.

O goberno municipal carballés reuniuse onte cos membros da xunta directiva Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata e con persoal da asociación antidroga, e propuxeron varias alternativas para que a entidade poida ocupar outro local cedido polo Concello.

Visita ao local de A Cfristina
O local de A Cristina será a sede provisional de Vieiro

O local do edificio do antigo ambulatorio barallouse como posibilidade, pero a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo. Posteriormente achegáronse ata o antigo centro municipal de formación, na avenida da Cristina, que en principio reuniría as condicións necesarias para o seu uso inmediato por parte da asociación, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.

A Brigada Municipal de Obras colaborará con Vieiro no traslado, que se realizará esta mesma semana.

A entidade agradece a rapidez da resposta municipal.

Vieiro no local do Ambulatorio
O Local do ambulatorio será renovada para ficar como sede fixa da entidade

PRENSA: NH DIARIO. El Ayuntamiento actúa con celeridad en la búsqueda de una solución a la reubicación de Vieiro

Entrada anterior

REDES: Escolas Basket Xiria, apoya a Vieiro

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca