Hemeroteca

Vieiro volve co seu programa “A escola de familias”

0
Foto: Xomar. Miriam Romero, Mº José Dosil, Técnicas de Vieiro y Mª del Pilar Mata, en la presentación de las Escuelas
11/10/2020: NOTICIAS.

Miriam Romero e M.ª José Dosil, técnicas de Vieiro, xunto con Mª del Pilar Mata, secretaria da asociación_Cedida

  • Trátase dun curso gratuito para pais e nais co obxectivo de axudarlles no seu labor de educadores

A Asociación Vieiro, dentro da programación de “Prevención no ámbito familiar”, convoca A escola de familias, unha iniciativa impulsada a través de todos os CEIP e I.E.S. do municipio co fin de informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar para axudarlles a desempeñar o seu labor de educadores.

Este curso é totalmente gratuíto e poderano solicitar aquelas ANPAS ou centros educativos que formen grupos de 9 persoas, seguindo as recomendacións dictadas polas autoridades sanitarias. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.

O programa será impartido por psicólogas e educadoras da propia asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo. Entre algún dos contidos destas escolas figuran a autoestima, a xestión das emocións, a sexualidade, técnicas de estudo ou adicións.

A duración será de 8 meses (de outubro a maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 14 de outubro, e as persoas interesadas en participar poderán anotarse na Asociación Vieiro chamando ao teléfono 981 75 61 61, na ANPA do colexio ao que pertenzan ou a través do correo electrónico: vieiro@vieiro.org.

Fuente: NH Diario

Escuelas de Familia de Vieiro

Entrada anterior

Vieiro prepara la Escola de Familias

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca