HemerotecaNoticias vieiroPortada

A falsa visión da realidade e o policonsumo

Ana García

OPINION: 25.10.2022

XOSÉ MARÍA ARÁN
Vicepresidente Asociación Vieiro
Carballo/Galicia
25 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Por todos é coñecida a grave incidencia que as drogas teñen sobre o volante e o alto índice de consumo que se aprecia na maior parte dos accidentes. A chegada de novas substancias, tanto legais como ilegais, está a supoñer un cambio, e a grave consecuencia na seguridade polo risco que supón manexar un vehículo baixo os seus efectos.

A asociación Vieiro non é allea a esta realidade, tanto desde o noso servizo xurídico —onde se atende a afectados con estes problemas, principalmente por sancións— como preventivamente ofertando a autoescolas e centros escolares, estes últimos en cursos de bacharelato, programas sobre as consecuencias destas prácticas.

Esta realidade constata, cos datos da DXT na súa última campaña en España, da que se desprende que 444 condutores son detectados cada día ao volante tras inxerir drogas, onde 8 de cada 10 dos positivos se rexistraron en controis, pero outros acaban detectándose en infraccións, accidentes ou por presentar síntomas.

Temos en mente que o alcol é a droga que máis se detecta, e é vista por unha ampla maioría da sociedade como o único consumo. É hora de cambiar esta visión e saber que cada día máis, non se consome unha soa substancia, senón varias. É o que chamamos policonsumo. Drogas como o alcol, o cannabis, seguida da cocaína e as anfetaminas son habituais nos controis. Na última campaña, a DXT constatou que 4.750 condutores, aínda que non superaban a taxa máxima permitida, si conducían tras consumir alcol. En termos xerais, das 200.731 probas de alcoholemia realizadas, 2.591 resultaron positivas, pero como dicía non todo é alcol. Séguenlle substancias como o cannabis (69%), a cocaína (42%), as anfetaminas e metanfetaminas (31%) e opioides (6%).

Non todas as drogas teñen os mesmos efectos, de aí o perigo no comportamento que imos ter cando collemos o volante. As depresoras onde se inclúen o alcol, opio e os seus derivados —heroína, morfina, metadona—, fármacos —ansiolíticos—, para axudar a durmir —hipnóticos— ou os que actúan como relaxantes musculares entre outros. Chámanse depresoras porque diminúen ou enlentecen as distintas funcións do sistema nervioso central. As estimulantes, anfetaminas/speed, cocaína, nicotina, cafeína, teína e da teobromina, producen aceleración do funcionamento normal do cerebro e provocan un estado de euforia desbordante. As perturbadoras, alucinógenos como o LSD, os derivados do cannabis como o haxix e a marihuana, drogas de sínteses como a éxtase ou MDMA e algúns inhalantes como colas ou disolventes entre outras.

A maioría das persoas que reciben asistencia nas salas de emerxencias por causas relacionadas coas drogas, teñen múltiples substancias no seu corpo. O consumo produce un risco para a persoa, así que, consumir múltiples substancias á vez, podería ocasionar graves consecuencias, mesmo a morte.

O alcol está implicado en case o 100% dos casos de policonsumo entre os condutores falecidos. A asociación máis frecuente é a de cocaína e alcol. Séguelle a asociación de alcol con derivado cannábico e ultimamente están a aumentar as combinacións de varias drogas. O policonsumo veu para quedar.

Comparte esto:

El consumo de cannabis aumenta el dolor tras la cirugía, según un estudio

Entrada anterior

Cinco conductores dieron positivo en cocaína, cannabis, anfetaminas y opiáceos en Carballo

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca