Otros

Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico

6 ABR 2017    LORENA MARTÍNEZ CANOSA

Facebooktwittergoogle_plus

convenio-xuridico-vieiro

convenio-xuridico-vieiro

Xosé Mª Arán Rodríguez – da asociación Vieiro – e Jesús Osorio López – subdirector xeral de Asistencia Sanitaria da consellería de Sanidade – veñen de asinar o convenio para a realización do programa “Axuda xurídica ao toxicómano, menor e familias”.

O principal obxectivo deste convenio é continuar co dispositivo que a asociación Vieiro ten implando para atender a problemática xudicial do toxicómano. A súa finalidade é orientar e asesorar a toxicómanos e familias sobre temas xurídicos, administrativos, civís ou sociais facilitando medios humáns e materiais, promovendo a axuda xurídica a toxicómanos detidos, facilitando información axeitada sobre problemas xudiciais pendentes ou calquera outro trámite ante calquera administración ou organismo e proporcionando a través de recursos públicos ou privados acreditados alternativas para as demandas de cumprimento de medidas de seguridade, remisión condicional de pena ou cumprimento de condeas en centros terapéuticos baseándose nun pilar de actuación único, facilitar información xurídica policial e carcelaria veraz, confidencial e anónima co fin de que as persoas que presentan gran adicción dispoñan dunhas garantías tanto na súa relación coa xustiza, como na asistencia a xulgados, comisarías ou cárceres.

Este convenio abarca as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra.

fuente: Que Pasa na Costa

Comparte esto:

FIRMA CONVENIO JURIDICO XUNTA Y VIEIRO

Previous article

Un millar de jóvenes trabajan habilidades sociales con Vieiro

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

More in Otros