Hemeroteca

PRENSA: NH Diario/ Un informe da asociación Vieiro aproxima o consumo de alcol en estudantes aos 9 anos

PRENSA: 09.04.2022

Un informe da asociación Vieiro aproxima o consumo de alcol en estudantes aos 9 anos

Asociación Vieiro

  • A entidade realizou unha enquisa a case 600 alumnos de colexios carballeses con idades comprendidas entre os 10 e 12 anos.

A asociación Vieiro elaborou no primeiro trimestre deste curso o obradoiro Ti elixes, dentro do programa Creando saúde, enmarcado nas actividades de prevención escolar. A través dunha enquisa realizada a 600 estudantes dos colexios do concello de Carballo con idades comprendidas entre os 10 e 12 anos, a entidade elaborou un informe sobre os primeiros consumos, tanto os relativos ao alcol como ao tabaco.

Segundo os datos publicados, case un 73% do alumnado asegura que nunca probou o alcol mentres que un 26,5% afirmou ter probado esta substancia polo menos unha vez e sobre os 9 anos. Neste caso, a entidade asegura que se segue detectando o mesmo patrón que en anos anteriores: en compañía da familia e nun ambiente festivo. «Este tipo de actitude permisiva fronte ao consumo de alcohol, a súa boa aceptación social, pode conlevar á normalización do seu consumo e potenciar«, sinalan desde Vieiro, unha situación que podería potenciar consumos futuros.

No relativo ao tabaco, un 96,7% da rapazada asegura que nunca o probou mentres que un 3,3% o fixo polo menos unha vez e arredor dos 11 anos. Aquí muda o patrón de consumo, e desde Vieiro afirman que o alumnado fuma a escondidas, en compañía dalgún amigo ou nun grupo similar a eles.

Vieiro asegura que os datos obtidos «non son unha reprodución exacta da realidade, podendo estar algunhas das respostas influencias pola presión de grupo» e que, a pesar de que os datos son alentadores, estes consumos «non deberían existir nesta etapa evolutiva», polo que seguirán apostando por actividades de prevención. Ademais, piden máis responsabilidade tanto no entorno familiar como no social e educativo.

Revista dixital

A entidade tamén publicou recentemente na súa páxina web o número 89 da súa revista. Unha edición especial con motivo do 30 aniversario da publicación e na que se fai especial mención a Pedro Luis Fernández Pombo, falecido en febreiro deste ano, por ser un dos principais colaboradores da asociación.

Na publicación poden atoparse reportaxes, entrevistas e artigos sobre os diversos programas que leva a cabo Vieiro.

Fuente: NH Diario

Comparte esto:

Operación salida: esto puede ocurrir si conduces bebido

Previous article

PRENSA / LA VOZ DE GALICIA: Vieiro constata un primer acercamiento al alcohol a los 9 años

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca